11/01/08

PÁXINA EN REFORMAS

10/01/08

Estamos traballando para terte informado...

MODERNIZÁMONOS!!

En breve, aparecerá neste, o Blog do teu Telecentro, a nova dirección na que atoparás todo o relacionado coas actividades, horarios, concursos...da Rede de Dinamización de Ribadeo...NON TE DESPISTES!!!

8/08/07

Xogando en Remourelle

Os Xogos Educativos na Rede chegan a Remourelle!

Os máis pequenos da casa xa poden disfrutar das vantaxes da Rede para aprender no verán. Xogos para entrenar as habilidades pictóricas e de memoria ou repasar as matemáticas estarán a disposición dos nenos de Remourelle o martes 8 e venres 10 de Agosto, de 11:00 a 14:00 na antiga escola de Remourelle.

A diversión e a aprendizaxe non descansa no verán de Ribadeo, ves xogar con nos?

31/07/07

Trivial na Rede

Qué estamos a facer no Telecentro de Ribadeo?...
Estamos xogando cos usuarios de máis de 10 anos do Concello de Mugardos (A Coruña) ao Trivial.

O luns 30, mércores 1 e venres (de 11:00 a 14:00), os nenos inscritos, responden as preguntas que se lles presentan na páxina web www.enxenio.es/trivial.gz

13/07/07

De compras no Telecentro...

Este é Antonio, asiduo usuario do Telecentro de Ribadeo dende fai xa algún tempo.


Un bo día, comentando lembranzas de xuventude, apareceu na conversa o nome dun libro de poesías do que , con certa morriña, Antonio decía que era "imposible de encontrar".

Pero todo esforzo ten a súa recompensa. O vir prácticamente tódolos días a buscar en Internet, utilizar a mensaxería intantánea, enviar correos electrónicos...permitiulle conseguir o tan ansiado libro do xeito máis tecnolóxico e moderno que se pode imaxinar,a través da rede.

E como mostra un botón, aquí tedes a Antonio, coa súa permanente sonrisa e o froito da súa primeira compra por Internet, o libro de poesías e a factura que o acredita como o primeiro comprador por Internet no Telecentro de Ribadeo dende que, alá polo mes de Marzo, abreu as súas portas.

Noraboa e ánimo Antonio! que os teus coñecementos polas Novas Tecnoloxías sigan o bo curso que levan e que nos sigas contaxiando día a día coa túa ledicia e ganas de superación.

5/07/07

Verán na Rede


Dende o día 2 de Xullo e ata o 3 de Agosto, o Telecentro de Ribadeo transfórmase nun instrumento educativo de diversión para os máis pequenos.

Divididos en grupos de idade, @s nen@s de Ribadeo, poderán acceder a unha selección de xogos adicados a divertir e aportar coñecementos, destrezas e manter espertas as súas mentes nestas datas vacacionais.

-Dende os 3 ata os 6 anos, do 2 ao 13 de Xullo

-A partir dos 7 anos, do 16 ao 27 de Xullo

E, a partir dos 10 anos, os días 30 de Xullo, 1 e 3 de Agosto, poderán xogar ao Trivial Galego en liña con outros concellos.

Información e inscrición, OMIX: 982 120 808

5/06/07

Poesía para tod@s

Por fin temos @s gañadores do concurso de Poesía para tod@s celebrado durante o mes de Maio e con motivo do Día das Letras Galegas, de Internet e da Sociedade da Información e da Comunicación .

E...este é o resultado das votacións e os agasallos en recompensa a tanta creatividade:
Conto da nosa lingua (Memoria USB)
A avoa Laura/María Mariño I (Porta Cd´s e Miniaxenda para cada unha destas poesías)
¿O mar qué fai, qué pensa? (Porta Cd´s)


Tod@s @s participantes recibiredes, ademáis, un bolígrafo e unha camiseta.

Moitas grazas por facer desta iniciativa unha realidade e por compartir con nos o voso "guiño tecnolóxico" á nosa lingua.

4/06/07

A avoa Laura
Na imensa sala da antiga casa
mobles de carballo e vello reloxo
nunha mecedora, mecíase a avoa.
A suave fragancia enchía a estáncia
de olor a rosas e folla de limón.
A cara morena de cor de trigo,
cabelo de neve e doce rubor...

Alumeaba o candil con lapa douro
e un vello tesouro no seu corazón
dicíanos a avoa que ela gardaba,
e que a paz lle daba pensar no amor.
María Mariño I
No meu escuro vivir
co meu corazón na man
fun tropezando co camiño
cunhas verbas do meu falar.

Nos momentos de soidade
coa tristura do meu amor
ía deixando tras min
toda unha grande dor.

Eu tamén collín as queixas
daquelas doces ribeiras...
amando os mares azuis
da nosa terra galega.

E fun metendo en acougo
o meu pensar moi adentro
da pena que te agarima
daqueles que nin te miran...

E coma ti, inocente
falaba coa poesía
que sempre caía nas terras
daqueles que nada entendían.

So pido para tí Miña prenda...!
que os homes fagan xustiza
e chegue feliz o día
en que vos honren en vida.

Se xa antes escribías
que esperaban esas xentes
tantos anos sen dar vida
a unha labor tan potente.

Pero así che é a vida...
ninguén da nada sen cartos.
E os pobres sí somos pobres
e ademais somos poetas...

Que esperamos dunha xente
que co seu don necesita
os cartos e as carreiras
para poñerse enriba

E miramos con descaro...
mentres os roe...a envexa...!
María Mariño II
En Noia naceu unha flor
que xa hai anos se marchitou.
E agora lémbrase dela co peito cheo de amor.

Aquela María Mariño
que cunha boa pluma escribeu
uns versos tan feitiños
todos cheos dun querer.

Quen puidera, coma ela,
coller a luz da inspiración
para levala sempre preto
moi cerca do corazón.

E enriba das tres Pontes
naquel seu bello rincón,
entre medio dos prados verdes
un gran soño a engaiolou...

Marchou logo da súa terra
e coma alí non tivo acougo
voltou enferma e tristeira
buscando o seu acomodo.

E a morte que a seguía
sen tregua e sen respirar
atopouna acobixada...
no entorno do seu fogar...

Entre os mares da Marola
e as campás do lugar...!
Os meus poemas
A rapaza estuda afanosa;
E chamana para cear,
como non é folgazana,
a lección quere acabar.
Os días son fríos,
as noites son longas
o vento do norte, asubía na xanela.
Mais...por que miras así a xanela?
Teslle medo á lúa,
ao vento,
á choiva, ou ao vento que brama!

Dixeron que, hai moitos anos,
voou a verdade ao ceo.
Tal a puxeron os homes, que nunca mais volveu.

Rimas e versos na lingua (en acróstico)

Sei que un trilar ascende entre as cinsas,

que breves faíscas estalan en intensos tons de música-lingua

coma se fosen tríades dun acorde (...),

enxertados nun breve pentagrama.

Altérnanse verbas frías que compoñen unha lingua feble

dura, fría nembargantes, seguirá viva,

polo tempo minuto-segundo conxunto,

grazas a unha negra sombra de Rosalía, que sempre a asombra.

Voltarán os feitizos, as melodías,

para revivir esa verba ferinte, arruinada.

Comezando a sentir o feito da historia galega,

cun rexurdir fugaz, pero moi duradeiro.

Non sei se é verdade o efémero dun día

non sei se en realidade voltarei a sentirme escura,

pero esta lingua viva voltará para mostrarnos ledicia.

Sei que xorden luces,

sei que rimas tolas escriben a historia,

xa que volta o pensamento vivo, fugaz e sutil.

Xorde o feito de lembrar,

entre leixapréns e refráns

unhas cantigas medievais

dun tempo inacabábel e belido.

Glebas que xorden nalgúns puntos da Terra

Armadas dun valor ergueito, forte

Lingua viva, rebuldeira, fervendo en risos

Erguéndose cada día nova e xove, con

Grilandas que forman versos-berros, para...

Ollar un horizonte avermellado e frío.

Sei que un trilar ascende entre as cinsas

dun vello tolo que lembra unha letra rústica

agóchase inesperado entre tons e ninfas

pois vóltase a escoitar: lingua e música.

¿O mar qué fai, qué pensa?
O mar canta, asubía, roxe…
quén sabe o que fai?, ninguén
Miro o hourizonte, vexo que non ten fin
e noto que algo inmenso me invade
Unha ola que ven…


A brisa forte
que peitea os meus cabelos
e as ondas que chegan
tráenme mensaxes de sentimento, dor…
lémbrame a unha vila mariñeira que me viu nacer
co mar calmo ao alborecer.


Máis os percebeiros e mariscadores
Un duro traballo fan
e… pouca a recompensa que lles dán
A noite morada soña,
sobor do mar
a voz dos peixeiros mollada no mar
sae a lúa chorreando do mar


Sentada nunca rocha
Penso cómo será unha vida así
Tendo nostalxia do tempo de paz
o mar consólame do mal, da mágoa…
e chega aos meus pés
en forma de brebaxe de escuma.


Os mariñeiros van pescar,
Con noite pecha
Vagan e vogan
Para poñer remedio á pena


¿Mar que fás? Non sei
Non o sabe niguén
Quizá dende lonxe o verei.
Conto da nosa lingua
Noite de lúa na aldea...
todas as xentes dormen
só a avoa está esperta,
sentada a carón do lume
sorrí ollando a súa neta.

Noite de estrelas na aldea...
a nena está non seu berce,
ben tapadiña e moi fica,
sabe a avoa que devece
por que lle conten lendas.

Entón, pota a fiestra, e dille:
máis alá deses penedos
cóntalle a avoa á súa neta,
máis lonxe que ou ceo negro
briña a máis fermosa estrela
que nin imaxinar poideras.

Hai moiños anos - dixo a velliña -
unha vez a miña avoa contoume
que ou galego hai mis de anos
era moi importante,
e que se falaba dende a Viena ata Rande.

Pero un dia uns reis,
dixeron que ou galego era de pobres,
e todos tiñan vergoña
de dicir ou noso falar.

Mais uns séculos despois,
chegaron Rosalía, Choios e Pondal,
e tamén María Mariño, Cabaniñas e Lourenzo,
que tiñan unha alegría para festexar.

Era ou dia dó Letras Galegas...
que aínda seguimos a celebrar...
e por iso non sintas vergoña
e volve ou Galego a falar!
-dixo a avoa, mentres a meniña peita vos ollos.

31/05/07

Non todo nesta vida é traballo...



Cea na Taberna de Lola co motivo da finalización das clases de ximnasia e informática en Remourelle

24/05/07

Estamos a fecer...


Iniciación a Internet en Remourelle

Ao finalizar este obradoiro os usuarios, pertencentes á zona rural de Ribadeo, serán capaces de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet.

Este feito contribuirá á alfabetización tecnolóxica nas zonas rurais deste concello.

Cunha metodoloxía activa e participativa e a través de explicacións e exercicios nos equipos de que se dispoñen, os veciños de Remourelle poderán conseguir certa familiariedade co manexo de Internet e as páxinas máis útiles para a súa vida diaria dunha maneira práctica e sinxela.

Apúntate achegándote ou chamando ao Telecentro de Ribadeo(982.120.732) ou na Taberna de Lola (Remourelle). ESPERÁMOSTE!